Capa

Faíscas IBD

LAIOVENTO (IBD)
9788484876595
978-84-8487-659-5
Galego
VENTOALTO
Poesia

Sinopse

Volume de xinea popular integrado por miúdas pezas de ourivería poética. Cada unha das composicións que conforman esta obra son á vez fráxiles e intensas, de xeito que sexan doadas de inxerir tanto pola sensibilidade coma pola intelixencia.
O propósito é transportar o vagar que sucede á fereza da tempestade interior. Logo de os elementos se conxuraren en contra, despois de que a intensidade da febre do desacougo fose quen de abater o estímulo.
O que fica son sensacións complexas nas que se mesturan a arela e o devezo canda o desvelo ou o arreguizo. No medio e medio da natureza máis propia, a vontade plena de ser procura faíscas que emitan unha imprescindíbel luz.
Texto poético e imaxe plástica entretecen un xogo de olladas complementarias que proxectan agudas intermitencias de enerxía positiva que resultan de todo necesarias para lles facer fronte a algún dos máis rexos pesadelos da existencia.