Capa

MANUEL MARÍA: ENTRE SANTOS E NAVALLAS IBD

LAIOVENTO (IBD)
07 / 2016
9788484873297
978-84-8487-329-7
Galego
ENSAIO
Ensaios

Sinopse

"Entre santos e navallas", porque Manuel María gustaba coleccionar
navallas que arestora adóitase dicir de "multiuso", incorporados a elas
abridor de latas de conservas e mesmo tesouriñas para cortaren as
unllas. Nas ferretarías de Parga, á carreiriña dun can de Outeiro de
Rei, ten mercado o rapaz máis dunha, e anos despois, en Lugo, cando
podía, ía procurar algunha á Cuchillería Aquilino, na rúa de San Pedro,
que xa eran máis finas, con mangos ou cachas de nácara. Tamén
adquiríu as de Taramundi. O dos santos -nos que era moi versado
en vidas e milagres-, cecais lle chegara da man do tío crego, párroco
da igrexa de San Froilán, enfronte do cuartel de San Fernando, polos
anos 50 do pasado século, logo do "pacto" cos ianquis, cando Eisenhower
paseara canda Franco pola Castellana. Do patrón lugués, coñecía
os seus andares cal se andivese canda el ou mesmo tiver algún
xeito de comunicación divina.