Capa

A ROTA DO SOL. Unha mirada no que pasa IBD

LAIOVENTO (IBD)
01 / 2012
9788484872207
978-84-8487-220-7
Galego
ENSAIO
Atualidade

Sinopse

A rota do sol. Unha mirada no que pasa trata do estado da cuestión nacional galega e do mundo neste tempo de crise política
e económica-financeira. Nun momento en que se agudiza o propósito de configurar o Estado español como nación única
e España como nación exclusiva, no relato saliéntanse a personalidade histórica diferenciada de Galiza, a condición
do galego como lingua propria, nacional e universal e a capacidade
social e económica propria para sustentar o pleno autogoberno, tendo que enfrontarse ao grave problema migratorio e demográfico herdado. A nova situación internacional
é contemplada desde a perspectiva obrigada dos acontecementos de 1989, no ano da caída do Muro de Berlín e o
Consenso de Wáshington sobre o capitalismo neoliberal e o
fundamentalismo de mercado, co declinio das potencias da Guerra Fría, a emerxencia de novos Estados como salientes
actores mundiais, a permanencia das desigualdades no planeta
e a existencia de pobos que aínda loitan contra o horror do apartheid, a opresión nacional e a negación dos dereitos
humanos. Neste contexto o traballo razoa sobre o carácter da Unión Europea, considerando os efectos da crise e o recoñecemento de nacións sen Estado. Por fin aprécianse as relacións de Galiza con Portugal e Brasil.