Capa

A terceira luz

Claire Keegan Tradução: Isaac Xubín
RODOLFO E PRISCILA
04 / 2026
9791399170511
979-13-991705-1-1
Galego
ESPANHA
Romance
Últimos 30 dias

Sinopse

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nena irá descubrindo que hai outras formas de estar no mundo, de ocupar o tempo, de coidar e de ser coidada. Cada cousa que observa contén unha pequena revelación: o ritmo dos traballos do campo, o cheiro das cociñas limpas, os costumes e as tensións da vida en comunidade, os segredos que se deben gardar e os que non, e tamén o mar, que está tan cerca e é tan grande e misterioso. Claire Keegan ofrece en A terceira luz unha das súas obras máis intensas e depuradas: unha novela breve e profundamente conmovedora, que explora con extraordinaria precisión a infancia como territorio de percepción radical e a idea de fogar como algo fráxil, feito de xestos mínimos e poboado tanto polo amor como pola ausencia. A terceira luz, traducida a ducias de linguas e adorada por miles de lectores de todo o mundo, é unha historia inesquecible sobre o poder dos vínculos inesperados e sobre o que cambia de forma irreversible en cada un de nós cando alguén nos mira por primeira vez con verdadeira atención.