Capa

(g).monstr3s

PATAS DE PEIXE
05 / 2023
9788494634154
978-84-946341-5-4
Galego
Infantil y juvenil

Sinopse

Chega a hora de durmir e o pequeno pide deixar a luz acesa porque ten medo do monstro de debaixo da cama. Coma nun teatriño, a lectora vai descubrindo que nese cuarto habitan tres criaturas diferentes, e goza de saber que ningunha sabe da existencia das outras. De forma divertida e emocionante, este conto, a modo de kamishibai, móstranos como as criaturas se atopan, se asustan e se reconcilian, mentres o escenario vai cambiando e se vai ordenando e desordenando en función do estado anímico dos personaxes. Ten un final con moitas posibilidades que fará gozar a lectoras e mediadoras da lectura, que non podemos desvelar nesta sinopse porque tedes que ler este libro.