Capa

Peixiño desnortado

Historias para coñecermos Pontevedra

ELVIRA EDITORIAL
9788412633405
978-84-126334-0-5
Galego
Narrativa

Sinopse

Pontevedra relacio´nase dende sempre co comercio, xa hai constancia de que na Idade Media se celebraba na vila unha importante feira franca. De ai´ en adiante, constituirase no principal porto de mercadori´as de Galiza, de tal xeito que o Gremio de Mareantes se converte no epicentro da actividade econo´mica. Co nomeamento de capitalidade administrativa en 1833, a cidade recupera o esplendor perdido tempo atra´s. O derrubo das murallas vai supon~er unha nova planificacio´n urbana acorde ao pulo da economi´a mercantil e artesanal. Ru´as como a de Santa Marin~a, prazas coma a da Pedreira ou edificios como a Casa do Arco ou o de Castro Monteagudo son boa proba. A boa vila no so´ destacou polo seu comercio, a cidade foi quen de se erguer como capital cultural e poli´tica do pai´s galego. Nela viviron persoeiros do talle de ValleûIncla´n, Castelao ou Alexandre Bo´veda. No presente, Pontevedra representa a idea dunha cidade que mira cara ao futuro, sen perder de vista as su´as tradicio´ns, aposta pola mobilidade peonil, urbanismo verde e respecto co medio ambiente. Peixin~o desnortado conta a experiencia de Eume, unha nena que fai o mercado semanal co seu pai. A rapaza ten que facer un mandado e percorre a parte baixa da zona monumental de Pontevedra. A mirada de Eume describe a vida cotia´. A trave´s do seu maxi´n, con~ece a persoeiros do pasado e do presente que ten~en a su´a pegada particular nas ru´as e prazas do casco histo´rico.