Capa

Xeografía e historia 2ºeso

BREA PEDREIRA, ANA [Livro didáticos]
BAIA
05 / 2016
2º Ensino Secundário
Geografia e História
SECUNDÁRIA
9788499951980
978-84-9995-198-0
Galego
2º.ESO
Livro didáticos

Sinopse

O proxecto de Xeografía e Historia de 2º ESO está totalmente renovado para adaptarse ao novo currículo, modificacións que afectan tamén aos recursos complementarios e non só no propio libro en papel do alumnado. Estas modificacións concrétanse en:

Unidades novas adaptadas ao currículo, pero presentadas seguindo a proposta didáctica da autoría e non como compartimentos estancos.
Cambio nos proxectos web, máis centrados no uso para pizarra dixital.
Modifícanse as programacións, en consonancia cos cambios.
Modifícanse os materiais complementarios, de reforzo e ampliación.
Libro do alumnado para pizarra dixital.

Diferenciamos 3 partes:

Dobre páxina de presentación

Índice.
Imaxe alusiva aos contidos.
Eixe temporal.
Ideas básicas dos contidos da Unidade.

Páxinas de tratamento da información

Descrición e explicación dos feitos xeográficos, históricos e artísticos.
Imaxes (a), mapas (b), textos e/ou gráficos (c).
Cuestións para responder polo alumnado que faciliten a súa aprendizaxe.

Reforza as competencias básicas

Analizamos...
Estudo monográfico dun aspecto destacado da Unidade.
Traballamos con...
Exemplificación de técnicas de traballo relacionadas cos contidos da Unidade.
Lembra e aplica
Autoavaliaciónque facilite ao alumnado a concreción dos coñecementos adquiridos.