Capa

Ao pe do xigante

BAIA
08 / 2026
9788496893443
978-84-9689-344-3
Galego
Patrimonio cultural
Últimos 30 dias
Geografia

Sinopse

Moreni?a por te ver

Pasei o mar da Marola

A piques de me perder.

Vela¡ a apoteose do cancioneiro tradicional coru?és. Tr¡ade céltica -como dir¡a don Manuel Murgu¡a- na forma. E unha mensaxe definitiva no fondo: Cómpre arriscalo todo para procurar a beleza.

A Coru?a, luz e vento, unha pedra chantada no Atlántico. E a Torre, ese xigante, entre as Mari?as e a Costa da Morte, facho acendido para abrir cami?os no Océano, ou -o que é o mesmo- para abrir cami?os entre todos os misterios.

Ru¡do, fume, cemento... a pátina urbana tolda ás veces a percepción dos habitantes desta cidade, e non nos permite sentir as magnitudes cósmicas -pedra, mar, luz e vento- entre as que armamos a nosa vida.

Afortunadamente chegou Gwendolyn, unha nova ética na mirada, para nos dar perspectiva.

Vén de Oriente de Lonxe, vén de Taiwán, a illa Formosa como lle dixeron os portugueses. E quizá por iso, porque chegou literalmente do outro lado do mundo, sintonizou directamente con ese misterio de luz que se chama A Coru?a. Milagre da realidade, tal e como o formulou a poeta Lu¡sa Villalta no seu libro En Concreto:

O meu nome é o da Cidade Alta

Nacido onde a luz e o mar

Se están orixinando mutuamente

A Coru?a, nau enfeitizada -dixo Devesa Monterroso-, mar da serpe, luz, pedra, auga, vento, e nós dentro. Aqu¡, en concreto, onde xermola a cada instante a marabilla. Milagre do cotián que estoupa nos beizos cada vez que pronunciamos a palabra máxica: Orzán!

Embarquemos pois neste libro-manifesto. Contra o fr¡o desacougo do cemento, a mirada de Gwendolyn Luo. Destino: beleza, a mellor traves¡a de futuro para esta cidade barco que se chama A Coru?a.

Ai! Moreni?a por te ver...

Xurxo Souto

A Coru?a, xu?o 2008