Capa

O orballo da igualdade

BAIA
08 / 2026
9788496526013
978-84-9652-601-3
Galego
Baia Ensaio
Últimos 30 dias

Sinopse

As mulleres coru?esas loitaron desde distintas frontes para ir acurtando as distancias que as separaban dos homes nos ámbitos laborais, salariais e pol¡ticos ao longo do primeiro terzo do século XX. Ao longo das páxinas deste libro poden atoparse numerosos exemplos desta loita, case silenciosa unhas veces, pero tamén sonora e combativa outras, e que permiten complementar e matizar as visións máis panorámicas, elaboradas por outros historiadores.

O presente estudo aborda aspectos relacionados coas asociacións que constitu¡ron as mulleres coru?esas desde finais do século XIX até 1936, centrado en dous campos diferenciados: a actividade da muller proletaria e a da muller burguesa; a primeira no campo do traballo e da organización sindical, e a segunda no ámbito de corte máis pol¡tico e benéfico cultural, centrado nos colectivos de carácter progresista.

As fontes documentais consultadas responden a dous tipos: a prensa de época e os fondos de arquivo.

Obra de grande interese por centrarse na divulgación do co?ecemento dos colectivos femininos, que tanto contribu¡ron ao desenvolvemento económico e social, e aos que non se lles presentou a debida atención e investigación. De grande utilidade nos programas e cursos relacionados coa muller que a Deputación leva a cabo, e concretamente para as colaboracións que esta entidade fai en campa?as de divulgación do co?ecemento da actividade feminina.