Capa

Mimi e a xirafa azul

BAIA
08 / 2026
9788496893764
978-84-9689-376-4
Galego
Infantil-Xuvenil
Últimos 30 dias

Sinopse

A partir de 3 anos

Mimi estaba desexando que nacera o seu irmanci?o... pero, oh!... non sab¡a facer nada. Este conto vai especialmente dirixido a nenas e nenos que te?en irmáns con graves discapacidades.

Notas para pais, nais e educadores

O nacemento dunha filla ou fillo con discapacidade nunha familia é un acontecemento que ten repercusións importantes sobre todas e cada unha das persoas que forman esa familia: pai, nai, irmáns, avós...

Mimi é un conto dirixido a nenos e nenas pequenas que te?en ou acaban de ter un irmán ou irmá con graves discapacidades. Intenta ilustrar a situación do seu nacemento desde a mirada do irmán.

Con debuxos sinxelos pretende animalos a expresar o que poden sentir e vivir nesta dif¡cil situación familiar: desconcerto, malestar, vergo?a e rabia son algúns dos sentimentos que adoitan expresar as nenas e nenos de pouca idade cando falan da súa convivencia cun irmán ou irmá con graves discapacidades.

Ofrece a pais e educadores un recurso para estimular ao neno a falar do seu irmán, falar do que sente ou vive nesa situación e fomentar a comunicación aberta sobre a discapacidade da irmá ou irmán.

Aprender desde unha idade moi temperá a falar en familia de forma sinxela e aberta sobre un tema dif¡cil, expresar e compartir sentimentos, se ben non resolve o problema, seguramente faino máis levadeiro.

Tamén pretende transmitir unha visión positiva da discapacidade: lonxe de ser un impedimento, a discapacidade pode enriquecer as relacións e vivencias entre irmáns, tan fundamentais no crecemento e desenvolvemento de toda persoa.