Capa

A historia de Greta

Non es demasiado pequeno para facer cousas grandes

Camerini Valentina Tradução: Moisés Barcia Rodríguez
SUSHI BOOKS
08 / 2020
9788416884322
978-84-16884-32-2
Galego
SUSHI BOOKS - GALL
76
ESPANHA
LITERATURA INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS

Sinopse

Para ser unha mañá de finais do verán en Estocolmo, o 20 de agosto de 2018 vai unha calor incrible na cidade. E segundo se oe na televisión, nos últimos meses as temperaturas foron altas, quizais a causa dos numerosos incendios en toda Suecia.
Ese día, Greta Thunberg, que daquela tiña quince anos comezou a súa folga fronte ó edificio do Parlamento: os políticos non deben esperar máis, hai que facer algo para salvar o medio ambiente. É o primeiro #fridaysforfuture da Historia.
Preparádevos para ler unha historia de esperanza, valor e determinación. Esta é a verdadeira historia de Greta Thunberg, mais tamén a de moitos outros nenos e nenas de todo o mundo dispostos a loitar contra o desinterese dos maiores, en nome dun futuro mellor. Nunca es demasiado pequeno para marcar a diferenza.