Capa

Contiños da terra

XERAIS
9788483024683
978-84-8302-468-3
Galego
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Sinopse

Manuel García Barros (Berres, 1876-Callobre, 1972), tamén coñecido polo pseudónimo Ken-Keirades, foi un exemplo de coherencia cívica ao longo da súa vida. Campesiño e de orixe familiar labrega, exerceu o maxisterio, practicou o xornalismo, desenvolveu unha salientable actividade política de corte galeguista e cultivou abondosamente a creación literaria.Alén da súa póstuma Aventuras de Alberte Quiñoi (1972) e dunha abundante obra aínda inédita, García Barros publicou Contiños da Terra no ano 1932 na editorial Nós. Este volume de relatos de fonda raigame costumista e extraordinario calado popular reeditaríase en Buenos Aires vinte anos despois. A presente, pois, constitúe a terceira edición de Contiños da Terra que, asemade, inclúe as ilustracións da edición bonaerense e se enriquece con diverso material fotográfico e o correspondente estudio introductorio.