Capa

Os meus ollos

XERAIS
12 / 2003
9788497820745
978-84-9782-074-5
Galego
NARRATIVA
Literatura clássica

Sinopse

Coa intención de recuperar o tempo e lugar da súa infancia, a vila mariñá de Pontedeume, Ramiro Fonte converte as páxinas destas memorias primeiras nun relato emocionante no que recrea ó detalle, cunha prosa esencial, cristalina e precisa, dotada dunha conmovedora ollada poética, a vida dunha vila galega nos anos sesenta. Ademais dun exercicio de recuperación vivificadora da memoria individual e colectiva, "Os meus ollos (Vidas de infancia)" é, tamén, un ensaio sobre a vivencia da perdurabilidade do tempo e dos espacios humildes que nos son queridos. Un relato engaiolante no que o autor emprega a emoción, a piedade e certa ironía para recuperar espacios derruídos polo tempo e devolverlle a vida a ducias de personaxes reais, populares, tratados co mesmo rango cós protagonistas históricos. Historias particulares que demostran que o local é o universal. Un libro de historia cotiá que se le coa mesma paixón que nos proporcionan as novelas exemplares. Unha obra que demostra a vixencia da frase de Baudelaire, "O xenio non é máis que a infancia netamente formulada"; e proba que a infancia non representa o camiño, senón todo o camiño. "Os meus ollos", primeira entrega dunha obra máis ampla na que Fonte está a traballar, abre unhas perspectivas inéditas na narrativa contemporánea. Unha grande novela para ler varias veces.