Capa

Montedemo

XERAIS
05 / 2003
9788483029886
978-84-8302-988-6
Galego
PETO

Sinopse

A narrativa de Hélia Correia caracterízase pola súa capacidade poética e pola súa sinxeleza. Hélia Correia (Lisboa, 1949) é autora dunha obra que se enmarca nesa riquísíma producción da literatura portuguesa de autoría feminina posterior ao 25 de Abril. En "Montedemo", o texto que consagrou a Hélia Correia, a autora fai unha denuncia da corrupción das formas de vida máis tradicionais, ligadas á terra dos campesiños e aldeáns portugueses dos nosos días. Aquí aparecen as máis importantes características recorrentes da súa obra: o ritmo oralizante, o mundo das crenzas e supersticións do rural, a crítica das convencións sociais en xeral e de xénero en especial, a dimensión fantástica e simbólica, onírica ou ás veces case mística mais o eloxio da loucura e do dionisíaco. "Montedemo" é unha novela curta, de forte densidade metafórica, que se centra en torno aos habitantes dunha pequena e imaxinaria vila do litoral portugués. A xente desta vila ten na cristianizada festa de San Xurxo a única válvula de escape para os seus desexos e ansias reprimidos. Con este pano de fondo constrúese, tamén, unha análise da sexualidade e do comportamento feminino, tradicionalmente reprimido pola sociedade, a igrexa e o patriarcado.