Capa

Corrupción e morte de Brigitte Bardot

XERAIS
9788475076522
978-84-7507-652-2
Galego
NEGRA

Sinopse

O corpo da víctima está esnaquizado, morto, no chan, no medio dun charco de sangue. E unha muller, di un dos gardas, inclinándose para ver mellor. Está totalmente espida. Só a cobre unha gabardina. ¿Quen será?, inquire o outro. Os luminosos das rúas, das avenidas, dos paseos, das prazas, seguen serpeando impasibles sobre os tellados, os escaparates e as fachadas dos grandes edificios. Pouco despois, a sirena dunha ambulancia -ou dun coche-patrulla da policía- racha, coma unha sanguiñenta navallada, coma un ouveo longo e salvaxe, a aparente paz, o aparente silencio de Madrid.