Capa

OS ABANDONOS

GALAXIA
05 / 2026
9788411766036
978-84-1176-603-6
Galego
BIBLIOTECA RIVEIRO COELLO
1
ESPANHA
Narrativa
Últimos 90 dias
Últimos 30 dias

Sinopse

Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, ten un trastorno narcisista da personalidade e todo un mundo de ficción onde adoita acubillarse. Antes de chegar aos oitenta anos, vese tamén afectada pola demencia e non tarda en entrar nunha fase de dependencia que altera as súas defensas. Lucía queda en Compostela con Susana, a súa irmá, para tomaren a inevitable decisión de internar a nai nunha residencia da terceira idade. Mais, no último momento, Delfina desaparece sen deixar rastro e as fillas prepáranse para o peor, porque nesa espera caben todas as desgrazas. O que non imaxinan é que levan vivindo toda a vida cunha descoñecida. No camiño desta novela, absorbente e dura, escrita desde a dor e as feridas de Lucía, o autor vainos enfrontando con temas delicados, como os coidados, a vellez, a saúde mental, os abusos e os sentimentos familiares.